miércoles, 22 de abril de 2015

MENSAXE DE TIC-TOC!!

Cando volvemos pola tarde despois de comer, lavamos os dentes como todos os días, pero ao rematar crocodilo "Tic-Toc" díxonos que alguén deixara algo debaixo da pirámide. Entón, todos entusiasmados, sentámonos na asamblea e o noso amigo Damián F. descubriu dúas cousas!



Había un papel e outro por enriba que tiña unha especie de ventás, entón abrímolas e conversamos sobre o que podíamos ver debaixo delas: víase un círculo, noutra un trozo, noutra ventá só se vía cor negra. Pensando e pensando que podía ser, decidimos descubrir que había debaixo e...


 ...vimos que se trataba dun dibuxo?? ah!! algúns dixemos que podía ser outro cadro de Kandinsky porque tiña círculos como o outro que fixéramos. 


E falamos un cachiño dando a nosa opinión do que víamos, que podía ser, que están facendo, ... e algúns dixemos que eran planetas da galaxia, outros que eran planetas do espacio, outros que eran círculos de cores, outros que eran uns círculos que estaban rodando e que os máis pequenos estaban parados e tamén que había algúns rotos e con ollos,... Falando e falando, vimos que por detrás había unha nota que dicía que si queríamos saber quen pintara ese cadro e como se chamaba, tíñamos que buscar a solución pola clase tendo a seguinte pista: "A solución está en algo da clase que ten forma cadrada e é máxica". 
Mans a obra, buscamos e rebuscamos pola clase, ...



Ata que nos dimos conta que podía estar na pantalla máxica!!! E alí fomos a investigar, tiñamos que buscar se na pantalla había letras que nos dicían o nome do pintor e como se chamaba o cadro. AHHH e siiii, siii que había letras,  mirade!!



E como vedes, descubrimos que foi tamén o pintor Kandinsky, que nos invita a descubrir o mundo da arte e da pintura realizando o seu cadro titulado "Algunos círculos".
E como a nós nos gusta moito o tema da pintura, xa estamos dándolle voltas a cabeza para ver como creamos esta obra de arte.
Xa vos iremos informando!

CONTINUARÁ...







No hay comentarios:

Publicar un comentario