domingo, 7 de junio de 2015

CREAMOS OS NOSOS PAPIROS!!

O mércores, fixemos un obradoiro de papiros cunha axuda moi especial, a nai do noso amigo Nacho e o pai do noso amigo Daniel Mira. Explicámoslles que os escribas eran os encargados de escribir no Antigo Exipto e como non tiñan folios, nin libretas, ... utilizaban como papel unha planta que nacía no río Nilo chamada PAPIRO! Mirade o proceso de fabricación...


E despois, creamos a nosa versión de papiro utilizando cola branca, cafe líquído e gasas. Antes de comezar, misturamos a cola co café e fomos botando por toda a cartulina e logo por enriba colocábamos as gasas. 
Ao rematar axudamos entre todos/as a limpar as mesas, que traballadores somos!!
Aquí vos deixamos unhas fotos para que anotedes por se vos animades a facelo un día!! Mirade que ben o pasamos!!



Darlle as GRAZAS á mamá de Nacho e ao papá de Daniel Mira por vir axudarnos, gústanos moito que os papis e as mamis veñades á clase!!

Moitas grazas, un bico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario