O xoves 30 estivemos de festa no cole para celebrar o Samaín e o Magosto. Pasámolo en grande, viñemos disfrazados de bruxas, cabazas, vampiros, ... algúns nos maquillamos, e que medo dábamos, ademais de guapos! Cantamos, bailamos e tamén escoitamos na biblioteca un conto de medo en inglés. E pola tarde, divertímonos xogando ao xogo da oca e por último comemos castañas asadas, que ricas estaban!!
Mirade que ben o pasamos e que guapos!!
Moitas grazas a profe Marta por axudarnos e ensinarnos os xogos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario