Este luns, ocorreu algo na nosa clase. Chegamos de volta para a clase ao mediodía, e nos demos conta de que estaba pechada con chave e non a pechara a profe Patty. Entramos estranados e... decatámonos de que había algo tapado enriba da mesa...
Pensamos entre todos/as que poderá estar escondido debaixo da tea, pero como non tiñamos moita idea, tiramos e descubrimos que había unha pirámide e un papel enrolado cun lazo!! Nese momento decatamos que poderían ser Faraón e Faraona quenes nos trouxeran iso.
Non sabíamos que era ese papel, algúns pensamos que podía ser un mapa, pero descubrimos que era unha carta de Faraón e Faraona. Nela dicíannos que nos ivan a ensinar moitas cousas de Exipto, que nos regalaban esta pirámide máxica onde nos deixarían de vez en cando algunha sorpresa. E a primeira que nos atopamos foi a...
Tivemos que pulsar un botón máxico para convertirnos en investigadores e exploradores (como "Dora: a exploradora"). Mirade, mirade!!
E por último, Faraón e Faraona tamén nos deixaron un enigma que teremos que descubrir, a pregunta secreta era: SABEDES ONDE VIVE CROCODILO?? Nós dixemos que na auga, porque os crocodilos viven na auga, pero a resposta está cun código secreto que en vez de ter letras ten unha especie de debuxos, que non sabemos se quere dicir auga, para iso temos que investigar...
Esta foi a gran sorporesa de Faraón e Faraona, gustounos moito. Agora temos que poñernos mans a obra para investigar todo iso e moito máis, pois temos moitas ganas de saber como é Exipto.
Para iso, xa temos preparada a nosa mesa do proxecto, onde iremos colocando toda a información que vaiamos encontrando e coa que traballaremos para descubrir moito sobre Exipto, momias, deuses, sarcófagos,..
Tamén necesitamos a vosa axuda para aportar algunha información sobre Exipto (fotos, información da internet, libros, revistas, obxectos, noticias, recortes de xornais, ...), ou tamén se alguén estivo alí e nos quere contar a súa experiencia, estades convidados!!Animámosvos a participar con nós nesta aventura exipcia!
Moitísimas grazas! Un saúdo dos Faraóns e Faraonas.





No hay comentarios:
Publicar un comentario