Benvidos e benvidas ao blogue dos nenos e nenas de 3 anos!! Este curso, no que empezamos cheos de ilusión a escola por primeira vez, somos a aula dos FARAÓNS e FARAONAS! Queremos ensinarvos a través deste blogue, todas aquelas experiencias e aventuras que día a día realizamos no noso cole! Esperamos que desfrutedes tanto coma nós. Un bico e unha aperta dos Faraóns e Faraonas de 3 anos.
lunes, 3 de noviembre de 2014
PÓCIMA MÁXICA DOS MEDOS!!
Despois de falar dos nosos medos e de elaborar os nosos autorretratos con cara de medo, fixemos unha pócima máxica para que eses medos non nos asustaran tanto, pois sabemos que os medos hai que enfrontalos e non desaparecen dun día para outro.
A profe trouxo uns ingredintes máxicos e terroríficos e como somos moi valentes, tomamos esa pócima dicindo o conxuro e as palabras máxicas.
Queredes saber cales son os ingredintes? Pois apuntade, apuntade:
- Xarabe de Bruxas.
- Chocolate de Vampiro.
- Xelado de amorodos de bruxas e morcegos.
- Gusanos doces.
Se queredes que os vosos medos non vos asusten tanto, xa sabedes, bebede esta pócima máxica que ademais de terrorífica estaba riquísima!!
Mirade, mirade!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario