lunes, 6 de julio de 2015

FELICES VACACIÓNS!!

Xa chegou a súa fin o curso escolar, foi un ano compartindo moitos momentos especiais, emocións, sentimentos, xogos, risas, choros, ... Traballamos moito, pero tamén nos divertimos aprendendo!! Foi pasando o tempo e fomos crecendo e crecendo e así estamos de maiores!!




Chegan as vacacións, ben merecidas e nas que imos a desfrutar moito!
Moitísimas grazas ás familias polo seu traballo e colaboración en todo! E aos meus pequechos e pequechas que o pasen xenial nas vacacións, que desfruten moito do verán, que xoguen moito e se divirtan!!
Ata setembro!! Quérevos moito a profe Patty!!




viernes, 3 de julio de 2015

CONTO VIAXEIRO!!

Como non nos chegou o tempo para poder ensinarvos como quedara o noso conto inventado da mochila viaxeira, os faraóns e faraonas decidimos crear unha versión dixital coas nosas propias voces!!
Pasámolo xenial mentras o facíamos, xa que nos gustaba moito oir a nosa voz no ordenador!!
Este é o resultado final!!!
Esperamos que vos guste!Ademais isto tamén é parte do voso traballo familias, moitas grazas pola vosa axuda e colaboración!!

jueves, 18 de junio de 2015

MOTÍSIMAS GRACIAS MEUS PEQUECHOS/AS E FAMILIAS!!

SÓ DICIRVOS QUE MOITÍSIMAS GRACIAS POR TODO FAMILIAS!!
E ESPECIALMENTE PARA OS MEUS PEQUECHOS E PEQUECHAS POR ENSINARME TANTO CADA DÍA, SODES UNS CAMPIÓNS!! QÚEROVOS MOITO!! 





DE FESTA POR PRIMARIA!

Hoxe recibimos varias visitas dos nosos amigos/as de primaria para invitarnos as súas festas de clase!!! E como somos moi festeiros alí fomos, comemos, bailamos, xogamos, ... Pasámolo moi ben!!
Gracias aos compañeiros de primaria e aos profes!!









DESCUBRIMOS COS NOSOS AMIGOS/AS OS DEUSES!!

Un día os nosos amigos/as os deuses invitáronnos entrar á clase para observar un ovo de dinosaurio que estaba somerxido en auga e contáronnos que pouco a pouco se estaba abrandando e de ese ovo nacería un dinosaurio, aínda que non ía ser un de verdade, pois xa non existen!!






Despois de 2 días, os deuses avisáronnos de que xa saíra o dinosaurio!! E viñeron á clase a ensinárnolo!! Gustounos moito e ao tocar estaba mollado e frío!!
Moitas grazas deuses e profe Paula por ensinarnos isto tan curioso, desfrutamos moito aprendendo todos xuntos!!











MOITAS FELICIDADES MOMIAS!!

O MÉRCORES CHEGOU O DÍA DA GRADUACIÓN DOS NOSOS AMIGOS/AS AS MOMIAS, PASÁMOLO MOI BEN VENDÓOS ACTUAR E QUE BEN O FIXERON!!

OS FARAÓNS E FARAONAS QUERÍAMOSVOS DICIR QUE O FIXÉCHEDES XENIAL, GUSTOUNOS MOITÍSIMO E ESTÁBADES TODOS E TODAS GUAPÍSIMOS!! E QUE SEPADES QUE PARA O ANO AÍNDA QUE ESTEADES NO EDIFICIO DOS MAIORES IRÉMOSVOS VISITAR E VERVOS NO PATIO!!

NORABOA CHICOS E TAMÉN AS FAMILIAS E COMO NON A PROFE MÓNICA QUE FIXO QUE ESE DÍA FORA MOI ESPECIAL! NORABOA POLO GRAN TRABALLO!







XA NACERON AS BOLBORETAS!!

O MÉRCORES CANDO CHEGAMOS AO COLE E MIRAMOS A NOSA CAIXA, DECATÁMONOS DE QUE XA NACERAN 3 BOLBORETAS!! SON DE COR BRANCA E NON PARAN DE MOVER AS ÁS, QUEDAMOS ABRAIADOS!! PARECE MÁXICO QUE UN VERME SE CONVIRTA NUNHA BOLBORETA, POIS SI, É ASÍ!! AGORA A ESPERAR A QUE SE ENAMOREN E TEÑAN OVIÑOS!

  

 

  

MOITAS FELICIDADES ANTÍA E NACHO!!

O Martes tocou celebrar os cumples dos nosos amigos Nacho e Antía, que cando estemos de vacacións cumplirán 4 aniños, que maiores xa!! Como sempre celebrámolo por todo o alto, dedicámoslles o cumpleanos feliz, sopraron as velas, comemos a tarta que estaba moi rica e lles regalamos a nosa postal con moito cariño!! Que ben o pasamos, moitas grazas polos regalos!! 
Moitos parabéns chicos!!!

FELIZ CUMPLEAÑOS OMAR E DAMIÁN M.!!

O luns festexamos os cumples de Omar e Damián M., aínda que os 3 anos xa os cumpliron en setembro quixemos que o festexaran con nós no cole e así para o curso que ven cando cumplan 4 aniños, xa o celebramos en setembro!!
Pasámolo en grande, cantámoslles, sopraron as velas, comemos as ricas tartas e despois de ter o bandullo cheo bailamos todos e coa profe Marta, que estaba con nós.
Grazas polos regalos, esperamos que vos gustaran as postais.
Moitos Parabéns!!


sábado, 13 de junio de 2015

UNHA INVITACIÓN ESPECIAL!!

O XOVES, RECIBIMOS UNHA SORPRESA, AS NOSAS AMIGAS AS MOMIAS INVÍTANNOS A SÚA GRADUACIÓN!! ALÍ ESTAREMOS CON MOITA ILUSIÓN! 
NORABOA MOMIAS, QUE RÁPIDO PASA O TEMPO,  XA ESTADES FEITOS UNS CHICOS E CHICAS!
MOITA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA!!
UN BICO


UNHA OBRA ABSTRACTA!

O OUTRO DÍA ESTIVEMOS VENDO QUE KANDINSKY ADEMAIS DE DIBUXAR PAISAXES, CREABA OBRAS ABSTRACTAS, PERO QUE É ISO??
POIS COMO NÓS DIXEMOS, "SON CADROS QUE NON SE ENTENDEN" ENTÓN DECIDIMOS CREAR A NOSA OBRA ABSTRACTA, MIRADE QUE ARTISTAS ESTAMOS FEITOS!!

PARABÉNS MARIO E JAVI!!!

OS NOSOS AMIGOS MARIO E JAVI CELEBRARON O SEU CUMPLE CUNHA GRAN FESTA!! O XOVES 11 ERA O CUMPLE DE MARIO, AÍNDA QUE O DE JAVI NON É ATA XULLO ADIANTAMOS A CELEBRACIÓN PARA QUE O FESTEXARA COS AMIGO/AS DO COLE!!
CANTÁMOSLLES O CUMPREANOS FELIZ, COMEMOS A RICA TARTA E ATA ESTIVEMOS BAILANDO!!
MOITAS FELICIDADES AOS 2, GRACIAS POLOS REGALOS! ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA A NOSA POSTAL!
UN BICO

viernes, 12 de junio de 2015

QUE CHULOS NOS QUEDARON OS NOSOS PAPIROS!

Despois de deixalos secar un día, cada un fixemos o noso dibuxo do Antigo Exipto no papiro utilizando ceras brandas, mirade que chulis nos quedaron!

domingo, 7 de junio de 2015

OS NOSOS SARCÓFAGOS CON MOMIAS!!

Despois de colorear e decorar os nosos sarcófagos, o xoves tocounos facer as nosas momias exipcias utilizando os mesmos materiais para o papiro (cola blanca, café e gasas). Foi moi divertido, embadurnámonos todos e aínda que era difícil envolvelos, fixémolo moi ben!! Gracias a profe Chus que nos axudou moito!















OS VERMES XA ESTÁN FACENDO O CASULO!

Como todos os días o encargado/a dalle de comer aos vermes de seda, pero un día decatámonos de que algúns xa estaban dentro do casulo, xa se envolveran co fío de seda, estábanse preparando para convertirse en bolboretas!!
Agora queda esperar uns día e a ver se nacen as bolboretas!!