martes, 26 de mayo de 2015

OS NOSOS VERMES CRECERON MOITO!

Xa pasaron algunhas semanas dende que os nosos amigos, os vermiños de seda,  chegaran á nosa clase, comeron e comeron e creceron e creceron!
Mirade que grandes están!








Pronto lles chegará o tempo de facer o capullo!
Xa vos iremos contando...

CREAMOS A NOSA OBRA DE ARTE!!

A pasada semana, seguimos coñecendo máis sobre o mundo da arte, concretamente da pintura, a través do pintor Wassily Kandinsky. Falando e falando, quixemos saber que utilizan os pintores ademais de pinceis e pintura.
E coñecemos que utilizan a paleta.


Ás veces tamén poñen mandilón coma nós para non mancharse. Tamén utilizan o cabalete.  Para saber o que era, a profe Chus tróuxonos un grande e experimentamos sendo pintores creando a nosa obra de arte. Como Kandinsky nos seus cadros utiliza diferentes figuras xeométricas, nós quixemos imitar a súa técnica.
Aí vos van algunhas fotos dos artistas FARAÓNS KANDINSKY!



Mirade como quedou a nosa obra de arte,  a que despois por votación lle puxemos de título "CÁMARA"!!


lunes, 18 de mayo de 2015

FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS COA NOSA CANCIÓN!!

O venres foi o gran día, o día do Festival das Letras Galegas!
Despois de tanto traballiño, ensaio, probas, ... chegou para nós o día da "Vaca Marela", siii a canción e baile que preparamos con moita ilusión para esta festa!
Na clase dos faraóns, houbo por un día moitas vacas marelas preparadas para bailar, todas elas moi guapas e presumidas!




Foi un día cheo de nervos e moita emoción, un día para recordar os grandes artistas que somos e que ben o fixemos!!! Bailamos a canción da "Vaca marela" como ninguén o sabe facer!! SOMOS UNS ARTISTAS!!
Aquí temos algunhas fotos dese día, guapísimos!!

E tamén un exemplo da nosa actuación, pero cando teñamos o video oficial enteiro publicarémolo canto antes!


Fixémolo moi, moi ben!! Dar as mil grazas ás familias por axudarnos moito e por colaborar sempre!MOITAS GRAZAS!


UN PEQUENO REGALIÑO PARA O DÍA DA FAMILIA!

O venres 15 de maio celébrase o Día a Familia! E nós quixemos facer un regalo moi especial para a nosa familia, unha taza co noso nome e coa estampación da nosa man!
Esperamos que vos gustara moito!
Querémosvos moito familia, hoxe e todos os días!!

viernes, 1 de mayo de 2015

TEMOS UNS NOVOS AMIGOS NA CLASE!!!

Onte xoves, despois de lavar os dentes,  tivemos unha grande sorpesa todos os nenos/as de infantil!
Chegaron uns novos amigos á clase, viven nunha caixiña, fai unhas semanas saíron dun ovo e comen folliñas dunha árbore que se chama moreira! Sabedes o que son?? Pois son VERMES DE SEDA!!






Encantounos ter uns novos amigos, e tamén estamos moi ilusionados por coidalos moito, darlles de comer, cambiar e limpar a súa casiña! Xa vos iremos informando de como crecen e como é o seu ciclo de vida! 
Ahh e sabedes que foi o que  máis nos gustou de todo? Saber que dentro dun tempo convertiranse en bolboretas!!Si, si... como escoitades!!




DESCUBRIMOS OS AMULETOS!

O outro día, atopamos unha nova sorpresa debaixo da pirámide! Mario, o noso encargado ensinounos tres debuxos e empezamos a falar do que podían ser: "un lazo para os regalos" (a cruz ankh), outro "parecía un taladro" (ollo de Horus), e outro "un botón vermello para darlle e que tiña unha pedra como a nosa" (escarabello).



Despois de falar e falar, os noso amigos Faraón e Faraona tamén nos deixaran na pantalla máxica a explicación de que iso eran AMULETOS, xa que os exipcios e exipcias pensaban que eses obxectos tiñan poderes máxicos e lles servían para protexerse do mal, darlles sorte e vida eterna.



Estes son algúns dos que aprendemos: ESCARABELLO/ESCARAEBO, OLLO DE HORUS, CRUZ ANKH.