jueves, 23 de abril de 2015

PLANTAMOS NA HORTA!!

Este luns, aproveitando o bo tempo, fomos plantar na horta do cole coa axuda do profe Xaquín!E sabedes que plantamos??Unha froita que nos gusta moito, mirade!
A ver se ao cabo dun tempo, podemos facer a recolleita para así comelas!!

miércoles, 22 de abril de 2015

MENSAXE DE TIC-TOC!!

Cando volvemos pola tarde despois de comer, lavamos os dentes como todos os días, pero ao rematar crocodilo "Tic-Toc" díxonos que alguén deixara algo debaixo da pirámide. Entón, todos entusiasmados, sentámonos na asamblea e o noso amigo Damián F. descubriu dúas cousas!



Había un papel e outro por enriba que tiña unha especie de ventás, entón abrímolas e conversamos sobre o que podíamos ver debaixo delas: víase un círculo, noutra un trozo, noutra ventá só se vía cor negra. Pensando e pensando que podía ser, decidimos descubrir que había debaixo e...


 ...vimos que se trataba dun dibuxo?? ah!! algúns dixemos que podía ser outro cadro de Kandinsky porque tiña círculos como o outro que fixéramos. 


E falamos un cachiño dando a nosa opinión do que víamos, que podía ser, que están facendo, ... e algúns dixemos que eran planetas da galaxia, outros que eran planetas do espacio, outros que eran círculos de cores, outros que eran uns círculos que estaban rodando e que os máis pequenos estaban parados e tamén que había algúns rotos e con ollos,... Falando e falando, vimos que por detrás había unha nota que dicía que si queríamos saber quen pintara ese cadro e como se chamaba, tíñamos que buscar a solución pola clase tendo a seguinte pista: "A solución está en algo da clase que ten forma cadrada e é máxica". 
Mans a obra, buscamos e rebuscamos pola clase, ...



Ata que nos dimos conta que podía estar na pantalla máxica!!! E alí fomos a investigar, tiñamos que buscar se na pantalla había letras que nos dicían o nome do pintor e como se chamaba o cadro. AHHH e siiii, siii que había letras,  mirade!!



E como vedes, descubrimos que foi tamén o pintor Kandinsky, que nos invita a descubrir o mundo da arte e da pintura realizando o seu cadro titulado "Algunos círculos".
E como a nós nos gusta moito o tema da pintura, xa estamos dándolle voltas a cabeza para ver como creamos esta obra de arte.
Xa vos iremos informando!

CONTINUARÁ...







lunes, 20 de abril de 2015

O XOGO DAS MOMIAS!!

Hoxe, a nosa encargada Aldara mirou debaixo da pirámide e atopou unhas follas que nos deixaran Faraón e Faraona!!!

 

En días anteriores xa estivemos falando das pirámides, coñecemos as 3 máis importantes que hai en Guiza, para que se construían, como son e que hai dentro (momias, sarcófagos e tesouros dos faraóns e faraonas) e ademais descubrimos a esfinxe con cabeza de faraón e corpo de león. 

Pois falando de momias, hoxe os noso amigos deixáronnos unha imaxe que nos contaba como era o proceso de momificación e para saber paso a paso, realizamos o xogo de convertirnos en momias.
Foi a nosa encargada a primeira en convertirse en momia e así comezamos co proceso.


O primeiro paso é lavar e perfumar o corpo, e o noso embalsamador Javi axudounos.


Logo estivemos falando de que lle sacaban algúns órganos e llos colocaban nos vasos canopes.


O seguinte paso foi cubrir o corpo dunha substancia que se chamaba "natrón", como non sabemos o que é iso exactamante, pensamos en algo parecido, no sal, e David axudou a colocar a especie de sal por todo o corpo. 


Cando xa estaba todo cuberto, deixaban secar o corpo durante 70 días.
O paso seguinte é lavar o corpo e cubrilo con aceites vexetais para finalmente envolvelo con vendas completamente. E así o fixo o noso embalsamador Nacho.


Esparcido o aceite por todo o corpo empezamos a vendalo dende os pés á cabeza e así quedou a nosa momia!
                 
                          

Como non tiñamos sarcófago, imaxinámonos introducir a momia no seu sarcófago e colocarlle xunto a el, os vasos canopes, os tesouros da faraona (colares, pulseiras, pendentes, ...) e tamén colocar enriba da momia os amuletos, porque pensaban que así os protexían na vida do máis alá. 


Ah!!pero que é iso dos amuletos?? iso terémolo que investigar máis adiante.
Como a algúns nos gusto este xogo, convertimos outra faraona en momia, tocoulle a Marta e a embalsamadora foi Antía. Mirade, mirade!!


Así nos divertimos convertíndonos en verdadeiras momias exipcias!!
Seguiremosvos informando se hai algunha momia máis pola nosa clase e se coñecemos máis cousas sobre o Antigo Exipto!
Grazas Faraón e Faraona!

martes, 14 de abril de 2015

SORPRESA DA PROFE MARTA!!

Onte Luns, recibimos unha sorpresa moi chula da profe Marta! Como sabe que nos gusta moito ir a aula de informática a realizar actividades no ordenador e na pizarra dixital, tróuxonos unha colección de actividades e xogos sobre Exipto!
Eran todas moi divertidas, ata estaba o noso amigo TIC-TOC o crocodilo que nos ía dicindo coa súa voz como se facían as actividades. Tamén, aparecían dibuxos e imaxes de Exipto e noutras aparecíamos nós, estaban as nosas fotos e nomes!! 
Desfrutamos moito e pasámolo xenial, aínda que nos quedaron algunhas actividades sen facer, pero a profe Marta invitounos a facelas outro día.
Moitas grazas polas actividades profe Marta e polo regalo que nos deches, estaban moi ricas as gominolas.