martes, 30 de diciembre de 2014

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O ANO 2015!!

Os nenos e nenas de 3 anos querémosvos desexar FELICES FESTAS e un PRÓSPERO 2015!
Que sexa un ano cargado de felicidade para todos!!
Un bico e un abrazo moi forte!

sábado, 27 de diciembre de 2014

SOMOS OS ROCKEIROS DE 3 ANOS!!

Con todos vostedes... lles presentamos aos rockeiros de infantil, que van a interpretar a canción "NAVIDAD ROCK"! Así de guapos e guapas chegamos o venres ao cole para celebrar o festival de nadal e para despedir como se mecerece o último día do trimestre!! Había algo de nervios, pero isto é o que lle pasa a calquera artista antes de actuar... Chegado o momento seguíamos con nervios, pero como artistas e campións que somos fixémolo superxenial con un gran merecido aplauso!! 
Dicir aos papis e familiares, moitas grazas pola vosa colaboración! Esperamos poder ensinarvos máis fotos e o video da actuación cando antes!!
Tamén moitas felicidades a todos os compañeiros e nenos/as do cole por facer un festival tan divertido e espectacular! 
Aquí estamos os rockeiros!!
 

lunes, 22 de diciembre de 2014

CHEGARON OS REIS AO NOSO COLE!!

Chegou o día!! O xoves pola tarde recibimos a visita dos 3 REIS MAGOS DE ORIENTE!! Estábamos todos moi nerviosos porque non os coñecíamos, sabíamos que eran 3 e que se chamaban: Melchor, Gaspar e Baltasar. Saudámolos e despois fomos buscar as nosas cartas á clase para poñelas no seu buzón. Falamos con eles, contámoslle que agasallos queríamos e nos regalaron unha bolsa de caramelos e gominolas. Sacamos unha foto de recordo e despois tamén collemos cada un, a postal do amigo invisible!
Foi un día moi especial e máxico! Moitas grazas por vir Reis Magos!!

MENSAXE DE PAPÁ NOEL!

O xoves pola mañá, ao entrar na aula, vimos na pantalla máxica unha foto, era.... PAPÁ NOEL!!! A profe Patty díxonos, que Papá Noel lle mandara unha mensaxe por correo electrónico para nós! Todos abraiados, sentámonos cada un no seu sitio e escoitamos con atención a mensaxe. Papá Noel sabía moitas cousas de nós, tiña unha foto nosa, sabía que tíñamos 3 anos, que se nos daba moi ben ler contos, e pola contra, que tiñamos que mellorar en facer caso aos maiores. Pero tamén nos dixo que xa o estábamos a facer ben!
Gustounos moito a súa mensaxe!! Aquí tedes un pequeno exemplo!
Ata pronto Papá Noel! Moitas grazas!






domingo, 21 de diciembre de 2014

OS NOSOS TRABALLOS DE NADAL!

Como chegou o Nadal á nosa aula, preparámonos para facer moitas cousiñas. Algunhas delas foron: a postal sorpresa que envíamos por correo ás nosas casas, o adorno para colgar nas nosas árbores de nadal, a postal do amigo invisible, a portada para o caderno dos traballiños e tamén colaboramos cos deuses e as momias para facer o mural de nadal da entrada. Foron días sen parar, pero no que aprendemos moito e desfrutamos desta época que nos gusta moito! 
Mirade o resultado dos nosos traballos, esperamos que vos gustaran!



Ahh!Mirade quen nos dá a benvida á nosa aula!!


sábado, 20 de diciembre de 2014

O NOSO LIBRO DO OUTONO!

Durante a estación do outono, fomos coñecendo as características desta estación: clima, paisaxe, cores, froitos, animais, ... E para lembrarnos do aprendido, elaboramos o noso libro do outono cos nosos traballiños. Mirade que chulos nos quedaron!

viernes, 5 de diciembre de 2014

PARABÉNS DANIEL MIRA!!

Hoxe cantámoslle o cumpleanos feliz ao noso amiguiño Daniel Mira!Que maior, xa ten 3 anos!!Pasámolo moi ben! Dani tróuxonos unhas pequenas tartas que estaban moi boas, dúas tiñan forma de cabalo e tamén nos contou que ingredientes levaban, xa que lle axudou a facela á sua nai. Cantamos, comemos, bailamos,...E tamén lle demos un bico polos regalos que nos trouxo. Moitas grazas Dani, esperamos que che gustara a nosa postal! Moitas felicidades e que cumplas moitos máis!Un bico.

sábado, 29 de noviembre de 2014

A NOSA GRAN VIAXE A EXIPTO!!

Este mércores, encontramos a clase organizada dunha maneira moi rara. A profe Patty díxonos que ela non fora, que cando chegara pola mañá xa estaba así. Preguntámoslle ao noso amigo crocodilo "Tic-Toc"se fora el ou se vira a alguén entrar na nosa clase pola noite, pero Tic-Toc non sabía nada, xa que pola noite dorme tan profundo que non se entera. Entón, pensamos que podían ser Faraón e Faraona e decidimos mirar debaixo da pirámide e... sorpresa!!Atopamos...



Un BILLETE DE AVIÓN para cada un!!E descubrimos que íamos de viaxe a Exipto!!Fomos escollendo asento...




...e cando xa estábamos listos os motores do avión acendéronse e escoitamos as indicacións do piloto. Cos cinturóns abrochados, alá imos!! Despegamoooooss!! Despois dun tempo nas alturas, preto de chegar a Exipto, ocorreu un imprevisto, non podíamos aterrizar na zona das pirámides por problemas técnicos (programa Google Earth)! Entón, tivemos que aterrizar noutro aeoroporto e chamamos ao piloto para ver se había outro voo con destino Exipto. Neste voo, viña tamén connosco o profe Xaquín. 


Sentados e preparados, despegamos outra vez! Mirade, mirade, ... que nervios!





e agora si que puidemos chegar a Exipto e ver as pirámides e algunhas cousas interesantes, como unha especie de estatua con cabeza de faraón e corpo de león, moi parecido ao dibuxo que nos trouxera Javi!!


E despois desta aventura, chegamos ao aeroporto e volvemos á clase. Para descansar, sentámonos na asamblea e estivemos localizando no globo terráqueo e no mapa do mundo onde vivimos nós e onde está Exipto. 





Aprendemos que o noso continente chámase Europa e o de Exipto África. Tamén dímonos conta que onde vivimos nós, España, a terra é de cor verde e onde está Exipto é de cor amarela. Dándolle voltas á cabeza, pensamos que poder ser area e que alí haxa praia. Ah!! Pero despois vimos que polo medio de Exipto cruza unha liña azul. Ao principio non sabíamos que era, pero pensando e pensando, pensamos que pode ser... UN RÍÓ!! 


E agora tócanos investigar como se chama ese río... podemos contar coa vosa axuda familias!
Pronto vos comunicaremos máis noticias.
Moitas grazas Faraón e Faraona!

domingo, 23 de noviembre de 2014

XA ESTAMOS MANS A OBRA!!

A pasada semana, estivemos falando na asamblea de todo aquilo que sabemos do Antigo Exipto: que hai pirámides, momias e sarcófagos, faraóns e faraonas, plantas (palmeras),... Pero despois, plantexámonos algunhas preguntas que queremos saber como: por que faraón se viste así? que hai dentro das pirámides? Bufff, son moita cousas as que queremos saber e no que xa temos que poñernos mans a obra.



Mirade! Xa imos tendo na nosa mesa de Exipto materiais que nos van a axudar a investigar.


E mirade como plasmamos as nosas ideas sobre o Antigo Exipto nestes debuxos tan bonitos!!


QUE BEN O PASAMOS NA AULA DE INFORMÁTICA!!

O xoves fomos coa profe Chus ao edificio dos maiores e coñecemos a aula de informática. Estábamos moi ilusionados por saber que había alí e como era. Ao chegar, vimos que había unha pizarra máxica como a nosa da clase e a profe Chus ensinounos un xogo moi divertido "El conejito lector". 
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!Ao marchar, como somos moi exploradores, quixemos saber que había dentro da cova! Que susto, pensamos que vivía un oso alí!Pero non hai nada!!

martes, 18 de noviembre de 2014

PARABÉNS DANIEL DOMÍNGUEZ!!

Hoxe Daniel D. fixo 3 anos!!! Que maior!! E como non, no cole festexámolo por todo o alto, cantamos cumpleaños feliz, comemos unha tarta enorme e riquísima, bailamos e lle demos as grazas e un bico por traernos un regalo!!Esperamos que che gustara o noso e dende aquí che desexamos moitos parabéns e que cumplas moitos máis!!

MOITAS FELICIDADES SABELA!!!

O luns 17, estivo de cumple a nosa Sabela, fixo 3 anos xa!!Celebrámolo pola tarde e pasámolo xenial!Cantámoslle o cumpleaños feliz, comemos o rico bizcoito, regalámoslle a nosa postal con moito cariño e para nós houbo tamén un regalo! Moitas grazas Sabela e que cumplas moitos máis!

miércoles, 12 de noviembre de 2014

QUEN ENTROU NA NOSA CLASE??

Este luns, ocorreu algo na nosa clase. Chegamos de volta para a clase ao mediodía, e nos demos conta  de que estaba pechada con chave e non a pechara a profe Patty. Entramos estranados e... decatámonos de que había algo tapado enriba da mesa...
Pensamos entre todos/as que poderá estar escondido debaixo da tea, pero como non tiñamos moita idea, tiramos e descubrimos que había unha pirámide e un papel enrolado cun lazo!! Nese momento decatamos que poderían ser Faraón e Faraona quenes nos trouxeran iso.
Non sabíamos que era ese papel, algúns pensamos que podía ser un mapa, pero descubrimos que era unha carta de Faraón e Faraona. Nela dicíannos que nos ivan a ensinar moitas cousas de Exipto, que nos regalaban esta pirámide máxica onde nos deixarían de vez en cando algunha sorpresa. E a primeira que nos atopamos foi a...


A un CROCODILO!! Era o noso novo amiguiño que quería quedarse con nós na escola e quería que lle puxéramos un nome coma nós. Entón, estivemos pensando en posibles nomes para chamarlle a Crocodilo e saíron estas 4 opcións: Tic-Toc, Pepe, Lolo e Caillou. Por agora hai empate e faltan nenos por votar, cando votemos todos xa vos contaremos cal é o definitivo. Ahh! Crocodilo tiña algo na súa boca, traíanos un regalo! Explorámolo e descubrimos que é duro, pensamos que pode ser unha pedra, pero Faraón e Faraona dixéronnos que tiñamos que investigar e para iso sabedes que tivemos que facer?
Tivemos que pulsar un botón máxico para convertirnos en investigadores e exploradores (como "Dora: a exploradora"). Mirade, mirade!!


E por último, Faraón e Faraona tamén nos deixaron un enigma que teremos que descubrir, a pregunta secreta era: SABEDES ONDE VIVE CROCODILO?? Nós dixemos que na auga, porque os crocodilos viven  na auga, pero a resposta está cun código secreto que en vez de ter letras ten unha especie de debuxos, que non sabemos se quere dicir auga, para iso temos que investigar...
Esta foi a gran sorporesa de Faraón e Faraona, gustounos moito. Agora temos que poñernos mans a obra para investigar todo iso e moito máis, pois temos moitas ganas de saber como é Exipto. 
Para iso, xa temos preparada a nosa mesa do proxecto, onde iremos colocando toda a información que vaiamos encontrando e coa que traballaremos para descubrir moito sobre Exipto, momias, deuses, sarcófagos,..


Tamén necesitamos a vosa axuda para aportar algunha información sobre Exipto (fotos, información da internet, libros, revistas, obxectos, noticias, recortes de xornais, ...), ou tamén se alguén estivo alí e nos quere contar a súa experiencia, estades convidados!!Animámosvos a participar con nós nesta aventura exipcia!
Moitísimas grazas! Un saúdo dos Faraóns e Faraonas.

sábado, 8 de noviembre de 2014

PARABÉNS ALDARA!!

O venres estivo de cumple a nosa amiguiña Aldara!!Que maior, xa ten 3 anos!!
Fixemos unha gran festa, cantámoslle o cumpleanos feliz, comemos o bizcoito de chocolate que estaba riquísimo e despois de encher o bandullo, bailamos e cantamos!!
De parte de todos MOITOS PARABÉNS ALDARA!! E moitas grazas polo regalo!
Un bico moi grande!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

FESTA DE SAMAÍN E MAGOSTO!!

O xoves 30 estivemos de festa no cole para celebrar o Samaín e o Magosto. Pasámolo en grande, viñemos disfrazados de bruxas, cabazas, vampiros, ... algúns nos maquillamos, e que medo dábamos, ademais de guapos! Cantamos, bailamos e tamén escoitamos na biblioteca un conto de medo en inglés. E pola tarde, divertímonos xogando ao xogo da oca e por último comemos castañas asadas, que ricas estaban!!
Mirade que ben o pasamos e que guapos!! Moitas grazas a profe Marta por axudarnos e ensinarnos os xogos!!

lunes, 3 de noviembre de 2014

PÓCIMA MÁXICA DOS MEDOS!!

Despois de falar dos nosos medos e de elaborar os nosos autorretratos con cara de medo, fixemos unha pócima máxica para que eses medos non nos asustaran tanto, pois sabemos que os medos hai que enfrontalos e non desaparecen dun día para outro. A profe trouxo uns ingredintes máxicos e terroríficos e como somos moi valentes, tomamos esa pócima dicindo o conxuro e as palabras máxicas. Queredes saber cales son os ingredintes? Pois apuntade, apuntade: - Xarabe de Bruxas. - Chocolate de Vampiro. - Xelado de amorodos de bruxas e morcegos. - Gusanos doces. Se queredes que os vosos medos non vos asusten tanto, xa sabedes, bebede esta pócima máxica que ademais de terrorífica estaba riquísima!! Mirade, mirade!!!

MANS A OBRA!

Co motivo de facer o xoves unha grande festa de Samaín e Magosto no cole, os faraóns puxémonos mans a obra para facer algún traballo e actividade como: "as nosas caras de medo" que completamos facéndolle o corpo, pinzas de morcego, cofeccionamos a nosa caixa da castaña e por suposto cantamos e bailamos cancións de Samaín e Magosto.
Aquí vos deixamos algún exemplo dos traballos e do ben que o pasamos nestes días!!


jueves, 30 de octubre de 2014

AS CABAZAS

Chega o Samaín e chega o tempo de CABAZAS! E como non, os faraóns diseñamos e decoramos as nosas coa axuda das familias. Mirade que chulas nos quedaron, somos uns artistas!!
Grazas ás familias por colaborar e moitas felicidades polo gran traballo!

martes, 28 de octubre de 2014

QUE MEDOOO!!!XA CHEGOU O SAMAÍN!!

Este luns chegou o SAMAÍN ao noso cole!! Como é tempo de medos, de bruxas, vampiros, morcegos, pantasmas,... mirade que terrorífica é a nosa porta, aínda que non nos deu moito susto, porque pensamos que é unha bruxa moi boa!!
Durante esta semana imos a traballar "Os nosos medos", a partir do conto que nos trouxo a nosa amiga a bruxa Pantufla "O gran libro dos medos do rato pequeno". Despois de contar o conto, estivemos falando dos medos do rato, dos nosos medos e os escribimos. Conversamos sobre as reaccións cando temos medo (choramos, gritamos, chamamos por mamá e papá) e sacamos fotos coa nosa cara de medo. Xa vos contaremos para que serán...
 E como falamos de todos aqueles personaxes de medo do Samaín, quixemos nós ser bruxos e bruxas e dar medo!BUUUUHHHH!!


viernes, 17 de octubre de 2014

PARABÉNS HUGO!!

Hoxe celebramos o cumple de HUGO! Pasámolo moi ben, cantámoslle cumpleanos feliz e logo en inglés, comemos a rica tarta que nos trouxo e tamén bailamos un pouco.

Todos e todas che desexamos un FELIZ ANIVERSARIO HUGO e  que cumplas moitos máis!!
Ahh e moitas grazas polo regaliño!

lunes, 6 de octubre de 2014

VAN PASANDO OS DÍAS...

Foron pasando os días e fomos pouquiño a pouco adaptándonos ao cole, aos novos horarios, aos novos espazos, ás novas rutinas e hábitos, ... SOMOS UNS CAMPIÓNS E CAMPIONAS!!!
Co paso dos días, íbamos estando máis tranquilos, cómodos e seguros na nosa aula dos Faraóns e Faraonas e como xa somos maiores, estivemos coñecendo e experimentando con novos materiais. Realizamos os primeiros traballos, miramos contos e libros, coñecemos os  nosos equipos e aprendemos a poñer o mandilón como se fora unha capa máxica!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

br />

jueves, 25 de septiembre de 2014

PARABÉNS DAVID!!

Hoxe cantámoslle CUMPLEANOS FELIZ á DAVID, que cumple 3 anos!! Moitas felicidades!! Pasámolo moi ben, cantamos, comemos a tarta que estaba boísima e lle regalamos a súa coroa e unha postal con moito cariño!!
David tamén nos trouxo un regaliño para cada un!
Moitas grazas e que cumplas moitos máis!

martes, 23 de septiembre de 2014

PARABÉNS MARTA!!

Hoxe tivemos a primeira celebración, o ANIVERSARIO de MARTA!! Fixemos unha pequena festa, Marta tróuxonos un rico bizcoito, cantámoslle cumpleanos feliz e lle demos unha postal feita por nós e un enorme bico por traernos un agasallo moi doce!

PARABÉNS MARTA!! XA TES 3 ANOS!! QUE MAIOR!!


lunes, 22 de septiembre de 2014

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS!!

Xa comezamos o cole!! Aquí estamos os Faraóns e Faraonas de 3 anos!!

O primeiro día que chegamos á escola foi un día cheo de emocións; alegría, nervos, medo, tensión, curiosidade, ... pero foi un día moi especial, no que coñecemos aos nosos amiguiños e amiguiñas, á nosa profe, aos mestres e a nosa aula dos FARAÓNS!! Gustounos moito, tiña moitas cousas para xogar, moitos libros para ler, ...
Mirade, mirade, que ben o pasamos os primeiros días coñecendo os materiais da aula, os xoguetes, falando coa profe Patty e coa profe Chus, lendo contos e o divertido que é xogar no noso patio!!


lunes, 15 de septiembre de 2014

OLA AMIGOS E AMIGAS!!


Queríamos darvos a benvida ao cole LABARTA POSE!!!Somos FARAÓN e FARAONA, como nos dixeron que empezábades este ano o cole dos maiores, quixemos vir á Baio para desfrutar e aprender moito con vós na escola.
Tamén vos queremos ensinar moitas cousas de onde vivimos, Exipto, xunto cos Deuses (4 anos) e as Momias (5 anos), pero pouquiño a pouco, porque isto de empezar nun cole novo leva o seu tempo!
Xa vos deixamos algunha cousiña na clase, como a pirámide coas fotos ou os sarcófagos para poñer os días e máis adiante vos deixaremos máis sorpresas!

Estamos moi contentos de estar con vós!! Esperamos que desfrutedes cada día no cole e aprendades  moito para despois contarlle aos papis, aos irmáns, aos avós,,, á todo o mundo que sabedes moito porque xa sodes MAIORES!!

Un bico e unha aperta!

Ata pronto faraóns e faraonas!!