sábado, 28 de febrero de 2015

SORPRESA NA CAIXA MÁXICA!

O VENRES POLA MAÑÁ, ATOPAMOS A CAIXA MÁXICA ABERTA E DENTRO HABÍA ALGO!



CREÍAMOS QUE OS DEIXARAN  FARAÓN E FARAONA, XA QUE ALGÚNS NENOS VÍRANOS ENTRAR NA CLASE CANDO ESTABAN NO TREN. 
O OBXECTO SABÍAMOS QUE ERA UN CÍRCULO VERMELLO, PERO O PAPEL NON ESTÁBAMOS SEGUROS, CASE TODOS PENSÁBAMOS QUE ERA UN MAPA DE EXIPTO CON LETRAS E PIRÁMIDES!
E PARA SAÍR DE DÚBIDAS, DECIDIMOS DESENROLAR O PAPEL...




UPS!! NON É UN MAPA, É UNHA FOTO DUN SEÑOR... NON!! SEGUNDO OS NENOS É UNHA FOTO DO AVÓ DE OMAR! PERO FIXÁMONOS BEN E O AVÓ DE OMAR NON TEN GAFAS, ENTÓN PENSAMOS QUE ERA UN AVÓ, PERO NINGUÉN O COÑECÍA.
PARA AVERIGUAR ALGO, LEMOS A MENSAXE ESCRITA. DICÍA QUE A ESTE SEÑOR LLE GUSTABA MOITO UTILIZAR UNHA COUSA QUE TEMOS NA CLASE E QUE NÓS UTILIZAMOS DE CANDO EN VEZ. 
AH! E PARA AVERIGUAR QUE ERA ESA COUSA NOS DIXO QUE ESTABA ESCONDIDO DEBAIXO DUNHA CAIXA, E QUE BUSCÁRAMOS POR TODA A CLASE! E ASÍ O FIXEMOS!!
BUSCA QUE TE BUSCA...






ATA QUE POR FIN O ATOPAMOS!
ESTE SEÑOR GUSTÁBALLE PINTAR, PORQUE O OBXECTO QUE ATOPAMOS ERA UN PINCEL!
FALAMOS DE ONDE PINTARÍA, SE EN PAREDES, PAPEIS, .... QUE DIBUXOS PINTARÍA,... E TAMÉN QUE SERÍAN ESES CÍRCULOS QUE NOS DEIXOU NO PAPEL!


PERO PARA SABER MÁIS, VIMOS O CONTO QUE NOS DEIXARA NA PANTALLA E AÍ DESCUBRIMOS MOITAS COUSAS DESTE SEÑOR!



E ATA AQUÍ PODEMOS CONTAR... VÓS SABEDES QUE PINTOR É?
SÓ DICIRVOS QUE XA NOS VEREDES CONVERTIDOS EN:

 MARIO KANDINSKY, DANIEL MIRA KANDINSKY, SABELA KANDINSKY, HUGO KANDINSKY, VERA KANDINSKY, JAVIER KANDINSKY, DAMIÁN FERNÁNDEZ KANDINSKY, DAVID KANDINSKY, ALDARA KANDINSKY, NACHO KANDINSKY, DANIEL DOMÍNGUEZ KANDINSKY, OMAR KANDINSKY, MARTA KANDINSKY, DAMIÁN MIRA KANDINSKY E ANTÍA KANDINSKY. 







jueves, 26 de febrero de 2015

CANTAS COUSAS LEVAN OS FARAÓNS!!

LEVAMOS UN TEMPO ESTUDANDO OS FARAÓNS, XA COÑECEMOS ALGUNHAS COUSIÑAS: QUE ERAN OS QUE MANDABAN E TIÑAN MOITAS TERRAS E RIQUEZAS, OS SÍMBOLOS DE PODER QUE OS CARACTERIZABAN COMO AS COROAS, A BARBA POSTIZA, O BASTÓN "HEKA", O LÁTIGO "NEJEJ", A COBRA, O TOCADO DE TEA "NEMES"... E PARA RECORDAR TANTAS COUSAS FIXEMOS ESTE TIPO DE XOGO PARA COLOCAR AS DIFERENTES COROAS, OS SÍMBOLOS DE PODER. MIRADE!



O OUTRO DÍA OS NOSOS AMIGOS FARAÓN E FARAONA DEIXÁRONNOS UNHA NOVA SORPRESA! UNHAS FOTOS DE DOUS FARAÓNS QUE XA COÑECEMOS, TUTANKAMÓN E CLEOPATRA!




AH! PERO ESTES ERAN OS EXEMPLOS, PORQUE AS FOTOS QUE ERAN PARA NÓS NON ERAN ASÍ...
XA VOS ENSINAREMOS O RESULTADOS DOS RETRATOS DE TUTANKAMÓN E CLEOPATRA!



miércoles, 25 de febrero de 2015

MANIPULAMOS E EXPERIMENTAMOS COAS MATEMÁTICAS!

DENDE MOI PEQUENOS APRENDEMOS E IMOS COÑECENDO O MUNDO QUE NOS RODEA A TRAVÉS DAS EXPERIENCIAS E EXPERIMENTACIÓNS QUE REALIZAMOS. 

 E ASÍ O FACEMOS TAMÉN NA NOSA CLASE! REALIZAMOS XOGOS CON DIFERENTES MATERIAIS, VIVENCIAMOS A TRAVÉS DO NOSO CORPO, EXPERIMENTAMOS COS OBXECTOS, MANIPULAMOS, OBSERVAMOS, CLASIFICAMOS,... POLO QUE APRENDEMOS XOGANDO E XOGAMOS APRENDENDO! 
AÍ TENDES ALGÚNS EXEMPLOS!
 

sábado, 14 de febrero de 2015

CHEGOU O DÍA DOS EXIPCIOS E EXIPCIAS!!

Aínda que o tempo non nos deixou lucirnos polas rúas de Baio, así de ben o pasamos festexando o entroido no instituto!!Estábamos todos guapísimos, sacamos fotos, cantamos a canción do "Rap do Faraón" e fomos en autobús ata o instituto, onde nos esperaba a festa!
Bailamos, tomamos chocolate quente, filloas e orellas moi ricas, pasámolo en grande, pero o que máis nos gustou foi saltar na colchoneta! Que divertido!
A volta xa estábamos moi cansadiños. Antes de marchar a profe Patty deunos unha pituleta de corazón para o día de San Valentín porque nos quere moito!



Aquí vos deixamos a letra da canción do "Rap do Faraón" por se a queredes aprender!!

Kamón, o faraón, 
vaiche ensinar,
como bailan en Exipto, 
este fermoso Rap.
Unha man cara arriba,
uh, uh, uh, uh!
outra man cara abaixo, 
uh, uh, uh, uh! 
mirando para o lado, 
uh, uh, uh, uh!
que parezas enfadado!



jueves, 12 de febrero de 2015

MAÑÁ SERÁ O GRAN DÍA DE ENTROIDO!

Xa queda pouco para mañá, para o día do desfile de exipcios e exipcias e hoxe xa deiaxamos todo listo! Mirade que chulísimos nos quedaron os brazaletes e coroas! Agora só podemos esperar que mañá o tempo nos deixe lucirnos!



ÚLTIMO DÍA DO MECO!

Hoxe o Meco díxonos que cada un viñera co que ten! E así de guapos e guapas viñemos co noso disfrace! Que divertida estaba a nosa clase, non había faraóns nin faraonas, senon personaxes que saíron dos contos, dos debuxos animados, da televisión... pois había un policía, unha carapuchiña vermella, un pirata, unha Hello Kitty, un paiaso, un demo, un vaqueiro, unha bruxa, unha ra, un pato, un spiderman, un ninja, un indio, unha xoaniña,...

miércoles, 11 de febrero de 2015

PREPARANDO O NOSO DISFRACE!!

Está a punto de chegar o gran día, o día do desfile de exipcios e exipcias! E para estar guapísimos e guapísimas, estivemos todos estes días preparando os complementos do disfrace!
Ademais de pasalo ben facéndoos, estannos quedando moi chulos!


ESTE MECO É MOI DIVERTIDO!!

No Entroido o mundo está do revés, se non o credes, mirade como viñemos hoxe! Coa roupa do revés!! Así nolo mandou o noso amigo Meco. Que simpáticos víñamos, isto do revés xa nos pasa algunhas veces ao poñer o mandilón, chaqueta, ... pero hoxe fixémolo adrede! 
Mañá xa sabedes, como dixo o Meco: "O XOVES CADA QUEN, QUE TRAIA O QUE TEN".


martes, 10 de febrero de 2015

SEGUIMOS DE ENTROIDO!!

Como ben vos dixemos onte, o noso amigo Meco díxonos que tiñamos que vir cun "look de praia", ademais de traer algo na cara. Pois mirade o noso look de hoxe, guapísimos e guapísimas, uns con gafas de sol, toallas, outros con gorras, bañadores, caldeiros, ... Mirade que orixinais e simpáticos estábamos!

lunes, 9 de febrero de 2015

XA CHEGOU O ENTROIDO AO COLE!!

Hoxe empezamos unha semana chea de diversión, encanto e troula, a semana do ENTROIDO!! E como non era menos, viñemos todos e todas moi guapos e orixinais. O noso Meco, díxonos que hoxe tíñamos que traer algo na cara e así o fixemos todos. Mirade, mirade que guapos íamos!
Ahh non vos esquezades de que o Meco, diranos cada día o que temos que traer e será acumulativo. 
Mañá MARTES toca traer "look de praia", xa veredes que guapos/as vimos!

martes, 3 de febrero de 2015

QUE É ISO??

Seguimos a recibir sorpresas debaixo da pirámide de Faraón e Faraona e hoxe deixáronnos... unha especie de bastón a raias e unha foto do noso amigo Faraón e doutro faraón, pois pensamos que é outro faraón porque van vestidos moi parecidos. Mirade!





Despois de pensar e pensar, houbo opinións para todo: "podía ser un bastón para que os nenos/as non caeran", "un bastón de caramelo" (pero non ulía moi ben, entón iso ao final descartámolo), "unha cousa para xogar a non caer", "un bastón para colgar no ombro", ou "un pau porque os faraóns tamén eran ninjas". 

Como non estaba moi claro, preguntámoslle a crocodilo Tic-Toc, el só nos dixo que nos fixáramos ben nas fotos. Entón, vimos que os dous faraóns levaban ese mesmo pau, pero o que non sabemos é por que o levan.
Entón, decidimos investigar, preguntando na casa aos papis, irmáns, avós, a quen poidéramos para ver se o sabían e mañá ler a información que veñen nos libros que temos na mesa de Exipto e tamén buscar no ordenador.


Aquí vos deixamos a foto, para que vexades ven aos dous faraóns e o pau por se sabedes que é e así mañá falalo no cole.


Ah!! como vedes ao que lle toca ser encargado-faraón ou encargada-faraona do día, en vez do brazalete dourado que utilizábamos antes, agora colocámoslle esta coroa, que a fixo Daniel Mira con súa nai, moitas grazas. Chamámoslle coroa, porque aínda non estudamos o nome dos complementos que utilizaban os faraóns. Pero, xa volo contaremos máis adiante,

Un saúdo a todos/as!

domingo, 1 de febrero de 2015

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA PAZ!!

Como ben dixemos, todos os días temos que querer a paz, pero como hai un día especial para conmemorar a paz no mundo, todos os nenos/as do cole LABARTA POSE celebrámolo xuntos. Para iso, pintamos un corazón de cores, cada cor representaba unha palabra bonita de paz que escollleu cada aula. Nós, os faraóns e faraonas escollemos a cor azul clara e a palabra "CORAZÓN". 
Ese día, o 30 de xaneiro, xuntámonos no patio cuberto para cantar e bailar a canción "Quérote máis ca tortilla de patacas con xamón", que nos gustou moito e practicamos coa profe Marga.
Mirade que ben o pasamos querendo todos xuntos a paz!



Tamén fixemos a pomba da paz, a pomba que vai deixando a súa ramiña de olivo naqueles sitios onde non hai paz e así conseguir que reine en todo os lugares do mundo.  Como nos gustou a historia da pomba da paz, fixemos unha coas nosas mans, mirade que bonitas nos quedaron!!