lunes, 6 de julio de 2015

FELICES VACACIÓNS!!

Xa chegou a súa fin o curso escolar, foi un ano compartindo moitos momentos especiais, emocións, sentimentos, xogos, risas, choros, ... Traballamos moito, pero tamén nos divertimos aprendendo!! Foi pasando o tempo e fomos crecendo e crecendo e así estamos de maiores!!




Chegan as vacacións, ben merecidas e nas que imos a desfrutar moito!
Moitísimas grazas ás familias polo seu traballo e colaboración en todo! E aos meus pequechos e pequechas que o pasen xenial nas vacacións, que desfruten moito do verán, que xoguen moito e se divirtan!!
Ata setembro!! Quérevos moito a profe Patty!!




viernes, 3 de julio de 2015

CONTO VIAXEIRO!!

Como non nos chegou o tempo para poder ensinarvos como quedara o noso conto inventado da mochila viaxeira, os faraóns e faraonas decidimos crear unha versión dixital coas nosas propias voces!!
Pasámolo xenial mentras o facíamos, xa que nos gustaba moito oir a nosa voz no ordenador!!
Este é o resultado final!!!
Esperamos que vos guste!Ademais isto tamén é parte do voso traballo familias, moitas grazas pola vosa axuda e colaboración!!