miércoles, 28 de enero de 2015

SEGUIMOS APRENDENDO DO ANTIGO EXIPTO!!

Como ben sabedes, seguimos traballando e investigando para saber máis cousas do Antigo Exipto!! E todo grazas aos nosos amigos Faraón e Faraona e ao crocodilo Tic-Toc!! O último que aprendemos foi que en Exipto hai un río moi longo chamado río Nilo, onde viven crocodilos, hipopótamos, peixes, ... Tamén soubemos que a maior parte de Exipto é un deserto, onde hai moita area e moita calor, sabémolo porque vimos fotos na internet e ollamos nos libros que temos na mesa de Exipto. Para representar como é un deserto utilizamos unha especie de area que nos trouxo a profe Patty (pan raiado), mirade nas fotos como fixemos!!




Onte atopamos debaixo da pirámide outra sorpresa, había unha pirámide con fotos e letras e unha folla con dúas fotos. Primeiro observamos a pirámide, vimos que tiña catro escaleiras, e démonos conta de que David nos trouxera facía tempo unha moi parecida nunha folla que dibuxara súa nai. Entón, decatámonos de que poñía o mesmo e esa pirámide falaba de quen vivía no Antigo Exipto, e que os Faraóns e Faraonas eran os que mandaban máis e outros como os esclavos tiñan que facer os traballos máis duros e obedecer.

 


 Tamén había unha folla con dúas fotos de 2 señores sentados, coas pernas cruzadas e pensamos que están facendo dibuxos e que son os escribas, porque escriben. Pero, o que non sabemos é o que utilizan, porque a profe Patty díxonos que  no Antigo Exipto non había rotuladores, nin ceras, nin lapis, nin bolis, ... Entón decidimos seguir investigando, ah e tamén lle preguntamos a Tic-Toc, pero díxonos que era mellor que investigáranos nós e que se iso nos daba algunha pista máis adiante.

E como somos uns auténticos exploradores, iremos pronto en busca de máis información!!


PARABÉNS DAMIÁN F.!!

Hoxe tivemos celebración por todo o alto, o CUMPLE do noso amigo DAMIÁN F. que xa ten 4 anos!!!!Que maiores nos estamos facendo!!
Como sempre, sacamos unha foto con el, cantámoslle o cumpleanos feliz e comemos o bizcoito que nos trouxo!! Estaba moi rico!! Tamén escoitamos música, bailamos e lle regalamos a nosa postal especial!!
Ademais, Dami tróuxonos un regalo moi doce e nós démoslle as grazas e un enorme bico!!
Moitas felicidades Dami!!!

miércoles, 14 de enero de 2015

EMPEZAMOS A LAVAR OS DENTES!!

Dende onte os faraóns e faraonas xa estamos lavando os dentes despois de comer, que ganas tíñamos xa de empezar!! Mirade que ben o facemos e que brillantes nos quedan!!

TIC-TOC DEIXOUNOS UNHA SORPRESA!!!

Hoxe despois da asamblea, démonos conta de que faltaba o noso amigo crocodilo Tic-Toc. Pero, atopámolo debaixo da pirámide cunha sorpresa para nós.



Tróuxonos dúas fotos do río onde vive el en Exipto, que xa descubrimos que se chamaba NILO e que ten a letra do noso amigo Nacho.



Tamén escribiunos explicándonos moitas cousas sobre o Nilo: é o 2º máis longo do mundo; foi moi importante para a vida en Exipto, pois coñecemos que cando se desbordaba axudaba a que os cultivos dos campos medraran e así ter comida, tamén os exipcios/as podían pescar peixes para comer. O Nilo era importante tamén para transportar cousas como alimentos, materiais para a construción,... e o facían cuns barcos chamados FALUCAS. 
Aprendemos moitas cousas sobre Exipto e o Río Nilo, pero o que máis nos gustou foi que nel hai CROCODILOS e HIPOPÓTAMOS!!
Ademáis, vimos outras fotos na pantalla máxica que nos trouxo a profe Patty.


Que divertido é isto de investigar e canto aprendemos grazas a TIC-TOC!
Pero, aínda nos queda moito por facer e seguiremos traballando máis para coñecer todo sobre O ANTIGO EXIPTO!

jueves, 8 de enero de 2015

ALGO NOS DEIXARON OS REIS!

Voltamos das vacacións de nadal e con sorpresa na clase! Debaixo da árbore había... REGALOS!! Como nos portamos tan ben e somos tan bos, Papa Noel e os Reis Magos deixáronnos moitos regalos!! Estábamos moi ilusionados por abrilos e despois de falar de como o pasamos nas vacacións e das cousas que nos trouxeran Papa Noel e os Reis nas nosas casas, empezamos a descubrir que escondían eses paquetes!! Mirade que contentos nos puxemos e canto nos gustaron todas as cousas!! 
Moitas grazas Papa Noel e Melchor, Gaspar e Baltasar!