sábado, 29 de noviembre de 2014

A NOSA GRAN VIAXE A EXIPTO!!

Este mércores, encontramos a clase organizada dunha maneira moi rara. A profe Patty díxonos que ela non fora, que cando chegara pola mañá xa estaba así. Preguntámoslle ao noso amigo crocodilo "Tic-Toc"se fora el ou se vira a alguén entrar na nosa clase pola noite, pero Tic-Toc non sabía nada, xa que pola noite dorme tan profundo que non se entera. Entón, pensamos que podían ser Faraón e Faraona e decidimos mirar debaixo da pirámide e... sorpresa!!Atopamos...



Un BILLETE DE AVIÓN para cada un!!E descubrimos que íamos de viaxe a Exipto!!Fomos escollendo asento...




...e cando xa estábamos listos os motores do avión acendéronse e escoitamos as indicacións do piloto. Cos cinturóns abrochados, alá imos!! Despegamoooooss!! Despois dun tempo nas alturas, preto de chegar a Exipto, ocorreu un imprevisto, non podíamos aterrizar na zona das pirámides por problemas técnicos (programa Google Earth)! Entón, tivemos que aterrizar noutro aeoroporto e chamamos ao piloto para ver se había outro voo con destino Exipto. Neste voo, viña tamén connosco o profe Xaquín. 


Sentados e preparados, despegamos outra vez! Mirade, mirade, ... que nervios!





e agora si que puidemos chegar a Exipto e ver as pirámides e algunhas cousas interesantes, como unha especie de estatua con cabeza de faraón e corpo de león, moi parecido ao dibuxo que nos trouxera Javi!!


E despois desta aventura, chegamos ao aeroporto e volvemos á clase. Para descansar, sentámonos na asamblea e estivemos localizando no globo terráqueo e no mapa do mundo onde vivimos nós e onde está Exipto. 





Aprendemos que o noso continente chámase Europa e o de Exipto África. Tamén dímonos conta que onde vivimos nós, España, a terra é de cor verde e onde está Exipto é de cor amarela. Dándolle voltas á cabeza, pensamos que poder ser area e que alí haxa praia. Ah!! Pero despois vimos que polo medio de Exipto cruza unha liña azul. Ao principio non sabíamos que era, pero pensando e pensando, pensamos que pode ser... UN RÍÓ!! 


E agora tócanos investigar como se chama ese río... podemos contar coa vosa axuda familias!
Pronto vos comunicaremos máis noticias.
Moitas grazas Faraón e Faraona!

No hay comentarios:

Publicar un comentario