martes, 3 de febrero de 2015

QUE É ISO??

Seguimos a recibir sorpresas debaixo da pirámide de Faraón e Faraona e hoxe deixáronnos... unha especie de bastón a raias e unha foto do noso amigo Faraón e doutro faraón, pois pensamos que é outro faraón porque van vestidos moi parecidos. Mirade!





Despois de pensar e pensar, houbo opinións para todo: "podía ser un bastón para que os nenos/as non caeran", "un bastón de caramelo" (pero non ulía moi ben, entón iso ao final descartámolo), "unha cousa para xogar a non caer", "un bastón para colgar no ombro", ou "un pau porque os faraóns tamén eran ninjas". 

Como non estaba moi claro, preguntámoslle a crocodilo Tic-Toc, el só nos dixo que nos fixáramos ben nas fotos. Entón, vimos que os dous faraóns levaban ese mesmo pau, pero o que non sabemos é por que o levan.
Entón, decidimos investigar, preguntando na casa aos papis, irmáns, avós, a quen poidéramos para ver se o sabían e mañá ler a información que veñen nos libros que temos na mesa de Exipto e tamén buscar no ordenador.


Aquí vos deixamos a foto, para que vexades ven aos dous faraóns e o pau por se sabedes que é e así mañá falalo no cole.


Ah!! como vedes ao que lle toca ser encargado-faraón ou encargada-faraona do día, en vez do brazalete dourado que utilizábamos antes, agora colocámoslle esta coroa, que a fixo Daniel Mira con súa nai, moitas grazas. Chamámoslle coroa, porque aínda non estudamos o nome dos complementos que utilizaban os faraóns. Pero, xa volo contaremos máis adiante,

Un saúdo a todos/as!

No hay comentarios:

Publicar un comentario