miércoles, 28 de enero de 2015

SEGUIMOS APRENDENDO DO ANTIGO EXIPTO!!

Como ben sabedes, seguimos traballando e investigando para saber máis cousas do Antigo Exipto!! E todo grazas aos nosos amigos Faraón e Faraona e ao crocodilo Tic-Toc!! O último que aprendemos foi que en Exipto hai un río moi longo chamado río Nilo, onde viven crocodilos, hipopótamos, peixes, ... Tamén soubemos que a maior parte de Exipto é un deserto, onde hai moita area e moita calor, sabémolo porque vimos fotos na internet e ollamos nos libros que temos na mesa de Exipto. Para representar como é un deserto utilizamos unha especie de area que nos trouxo a profe Patty (pan raiado), mirade nas fotos como fixemos!!




Onte atopamos debaixo da pirámide outra sorpresa, había unha pirámide con fotos e letras e unha folla con dúas fotos. Primeiro observamos a pirámide, vimos que tiña catro escaleiras, e démonos conta de que David nos trouxera facía tempo unha moi parecida nunha folla que dibuxara súa nai. Entón, decatámonos de que poñía o mesmo e esa pirámide falaba de quen vivía no Antigo Exipto, e que os Faraóns e Faraonas eran os que mandaban máis e outros como os esclavos tiñan que facer os traballos máis duros e obedecer.

 


 Tamén había unha folla con dúas fotos de 2 señores sentados, coas pernas cruzadas e pensamos que están facendo dibuxos e que son os escribas, porque escriben. Pero, o que non sabemos é o que utilizan, porque a profe Patty díxonos que  no Antigo Exipto non había rotuladores, nin ceras, nin lapis, nin bolis, ... Entón decidimos seguir investigando, ah e tamén lle preguntamos a Tic-Toc, pero díxonos que era mellor que investigáranos nós e que se iso nos daba algunha pista máis adiante.

E como somos uns auténticos exploradores, iremos pronto en busca de máis información!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario